** ODA ó 2008 entre promesas, utopías e humor
E un novo ano xa está aquí. Nace virxe. Está por escribir, por facer.... Oxalá sexa moito mellor que o difunto ano 2007. Ou polo menos, que non sexa pior.
Neste 2008 recén inaugurado cómpre sinalar, alomenos, dúas grandes citas: a Expo 2008de Zaragoza (aínda está presente nas nosas retinas a de Sevilla 92 coa súa mascota Curro e a canción "Sevilla" de Los del Río -país tempo despois da Macarena e do Vitorino- que foi unha especie de himno da cita mundial) e a Eurocopa de fútbol de Austria e Suiza, na que, particularmente, non agardo ningunha noticia boa sobre a nosa selección española (parece o conto do lobo...)
Como a tábula rasa de Locke, o 2008 sempre é unha boa excusa para facer promesas, moitas delas infructuosas e que se perderán no transcurrir dos días, cal malos estudiantes que deixan todo para o atracón final. Promesas, promesas que non valen nada como diría o grupo vigués Los Piratas. Aínda que, non se pode xeralizar, porque haberá quen pense que as promesas están para cumprilas, e a verdade é que é así.
Adelgazar, deixar de fumar, ir ó ximnasio, poñerse a estudiar para unhas oposiciones en serio, e tantas outras forman parte desta seudosorinesas populars e universais. Bos propósitos que o que lles fai falta é vontade, perserverancia e paciencia.
Hoxe é día 1. O un semrpre é inicio de todo. O ano pasado lanzaba unha
oda ó number one. Un o principio de todo. E non estaría de menos lembrala un pouco porque é atemporal para tódolos anos.
O nadal case remata co incio do novo ano. En España quédannos os Reis. Non os de verdade, senón os outros, os que veñen de Oriente, os que nos traen regalos e ilusión moita ilusión. Unha palabra que nos vén ben nunha sociedade na que ata che cobran por respirar. Unha sociedade na que o máis parvo se quere facer rico... Unha sociedade consumista e que nos consume. "Poderoso caballero es don dinero" que diría aquél. Unha sociedade na que os valores fundamentaia se perden en favor do material e dos euros por desgracia. Algo que no 2008 tampouco se vai solucionar por desgracia.
Oxalá este 2008 nos traia boas noticias. Vou ser algo utópico: unha sociedade na que non haxa guerras nin atentado. Unha sociedade na que os pisos teñen un xusto valor. Unha sociedade na que a hipocresía se desgasta. Unha sociedade onde a envidia se vai de vacacións indefinidas. Unha sociedade na que o sentido común impera máis. Unha sociedade onde os políticos non busquen o interés propio sobor de todo e sí o da xente (que mal me cae a xente que nos trata de enganar con contos chinos e pensa que somos parvos e eles moi listos). Unha sociedade onde o euro deixe de facer redondeos. Unha sociedade onde haxa un canón xusto. Unha sociedade onde a precariedade laboral sexa unha lenda totalmente ficitia. Unha sociedade, en defintiiva, máis decente e menos egoísta, hipócrita, cínica... e onde os valores humanos se impoñan EN SERIO e que non fose un conto que escoitamos en determinadas épocas marcadas no calenario durante 15 días ou algo así. Unha sociedade onde as promesas se cumpran e non sexan seudopromesas.....Utopías, si xa o sei...
Uy, estou moi filosófico. Será o ano novo. Por certo, vou tentar facer artigos máis curtos. Ou tentareirno. Non prometo nada.
Hoxe empezou o 2008. Na man de todos está contribuír a facer unha sociedade mellor. ¿Lembrádevos do anuncio de "Total so son...." referente á auga. Pois algo similar....
Que o 2008 nos traia saúde (ante todo), amor, traballo e sorte. Un saúdo moi especial para tod@s eses amig@s de A Lareira Máxica.
Ah, e que nos traia moito humor, MOITO. A vida sen humor -como sen música- non é nada agradable. Ríamonos máis. Xa sabedes que din que rir é bo... E que os Reis vos traian moitos regalos, se fostedes bos e boas claro....
Carpe Diem, Carpe 2008
UN ARTIGO DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica