sábado, 17 de maio de 2008

** ¿Por que so un día das Letras Galegas?

Non me gustan as celebracións que din: "Día de..." porque iso ten caducidade implícita. ¿E o resto do ano?. Soa hipócrita, sobre todo dos beizos de aqueles que so se lembran do acontecemento ese día, e os restos dos 364 ou 365: "si te he visto,no me acuerdo".

E ven todo a conto porque hoxe se celebra o Día das Letras Galegas. O que vos escribe fala habitualmente galego, galego castrapo que é o que fala a meirande parte de Galicia. Non nos enganemos. O galego ése, o normativo, é puro teatro, e so serve para xustificar os postos de traballo de lingüistas que, cada 2 por 3 cambian as regras do galego, a ortografía e, de paso, colocan o "te" e o "che" como se de castelán se tratasen. Na miña época de estudiante sempre me dicían que, agás nuns casos tasados os pronomes sempre ían pospostos ó verbo. Hoxendía é todo o contrario. Logo escoitamos falar na Galega cousas como: "¿Se vai facer...?" e outras cousas parecidas.

Coido que os únicos beneficiados por estas regras de xente que presume de galegos son as editoriais que, cada pouco, sacan novos dicionarios e libros de texto no "novo galego". Exemplos habería moitos: que si abogado con b e logo con v, que si volvoreta primeiro con b e logo ó revés,...

Sexamos serios: ¿estamos cambiando, por exemplo, a Biblia? ¿A que non? Pois porque temos que cambiar o noso idioma. Se ademais non é tan difícil de entender coma outros como o vasco ou o catalán. ¿Galego normativo ou galego dictatorial ou imposto? O auténtico galego é o que fala a xente de a pé, sobre todo a do rural galego, sexa da provincia que sexa, sexa do interior ou sexa da costa. O outro é galego inventado.

Sexamos serios señores lingüistas. O meu castelán é lamentable oralmente. E se o galego que falo non é galego ¿entón que falo? ¿e que falan os meus veciñ@s que viven no rural coma min? ¿Ou todo se reduce á imposición do galego de laboratorio por parte duns teóricos da lingua, para xustificar os seus soldos? ¿Tantos cambios non contribúe a que a xente acabe por odiar o galego? O galego auténtico é o galego do pobo (sobre todo o do rural) non o da TVG nin o dos lingüistas (que, por certo, moitos xornalsitas da TVG logo resultan que so usan o "galego" no seu traballo...). Eses son inventos de laboratorio. Sí, sei que eles din que hai que unificar o galego porque hai diferentes tipos de galego. Pero: ¿que pasa? ¿Falamos idiomas distintos?. Se as diferencias son, precisamente, as que enriquecen a nosa lingua. Según onde vivamos, é certo que poden cambiar palabras, pero por iso non cambiamos de idioma.

Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas. Paréceme ben que se le lembre a literatos galegos, pero o GALEGO non é cousa dun día, senón soa a "Día dos Namorados", "Día do Pai", "Día da Nai", "Día Mundial sen tabaco", "Día de...". Ou o que é o mesmo, so serve para fomentar o CONSUMISMO DESAFORADO.



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dixo...

Estou de acordo en que o galego normativo non é máis que un invento de laboratorio usado por unha minoría. É un galego aprendido, non innato. Para min o galego "de verdade" debería ser o que usa o pobo. E penso que fraco favor lle fan á lingua con tanto cambio de normas. Eu son galego falante de toda a vida, o galego por tanto é a miña lingua materna, e ás veces dúbido se empregalo ou non na escrita pq sempre teño algunha dúbida respeto a algunha b, v, ou outras cousas polo estilo. Mentras que no caso do castelán, pola contra e pese a non falalo a penas, non acostumo a ter problemas á hora de escribilo. E non me parece moi normal iso.
Vale que sexa preciso un equilibrio, un poñerse de acordo entre todos para que cada un non escriba o que lle de a gaña, pero aínda así .... non sei eu.
Polo menos agora non fan en algunha canle iso de facer o telediario en galego o 17 de maio mentras o resto do ano seguen empregando o castelán aínda que so vaia dirixido a unha audiencia maioritariamente galega.

breogain dixo...

Estou dacordo con que o galego normativo está a mudar cada dous por tres, é máis, segundo a última (que non derradeira) revisión, introduciuse o termo "grazas" o cal a moita xente lle parece unha coña, a de compañeiros de traballo galegofalantes de aldea ou povo teño escoitado rir por este tema, está claro que isto non axuda ao desenrolo e a unidade dun idioma, eu non son lingüistica, polo tanto non teño a fórmula máxica de como rematar con esta deriva do noso idioma, o que si sei é que có compromiso de todos e todas podemos mudar todo isto, eu adoito a emprega-lo galego de mínimos, pero tanto me ten que un amigo fale o de máximos e outro o normativo, a cuestión é falalo e defendelo no dia a dia como ben dicides, non un dia ao ano.

Mil primaveiras máis para a nosa língua.

Un saúdo Julio e menuda sorpresa escoitar a BOB MARLEY ao entrar no teu blogue, unha das miñas músicas preferidas é o Reggae e mailo ska.

Un saúdo

Julio Torres dixo...

Gracias polo teu comentario Breogain. Comparto todo o que dis.

Alégrome que che gustara a canción de apertura no blog. Nestes momentos teño máis de 500 metidas, de case tódolos estilos: pop, rock, baladas, reggae, folk, electrónica, .... Do que se trata é que haxa variedade e facer o blog entretido namentres o estamos lendo.

Un saúdo para Pontevedra, amigo

Carpe Diem

Julio Torres dixo...

María: Por suposto, tamén comparto todo o que dis. É así, o galego normativo é un invento de laboratorio que, por riba, cambia máis que o vento....

Un saúdo desde Sanxenxo, amiga
Carpe Diem

Toupeiro dixo...

E triste ser galego e vivir en galicia toda a vida, falar galego na casa de sempre e non saber falar galego porque uns cuantos se empeñan en politizar a nosa lingua.

Julio Torres dixo...

Ola NimRI e benvido.

Como podes comprobar, aquí todo o mundo pode opinar libremente, sempre que non sexan opinións descalificantes, insultantes ou que non cumpre as premisas do respeto.

Prantexas moitas cousas é a túa crítica está ben argumentada, nembargantes non estou en todo dacordo. A miña opinión é a do artigo que escribín.

Cando me refiro a galego do pobo, refírome ó que falan habitualmente no rural, que é onde, polo xeral, se fala o verdadeiro galego. Por suposto que hai palabras que difiren dunhas zonas a outras de Galicia. Acepto que se non queda máis remedio haxa que facer un galego normativo, pero o que non me parece de recibo é que cada poucos anos se anden cambiando palabras.

A xente do rural, que falou galego toda a vida, pois non entende por que se cambian grafías ou palabras. Como defensor do idioma galego coido que iso de andar cambiando e investigando pode ser perigoso e contraproducente: porque a xente acaba por perderse. A min mesmo me pasa. ¿Por que palabras que antes se escribían con v agora son con b, ou viceversa? Habería moitos casos. Porque se introducen palabras que NINGUEN USA, so os teóricos da lingua?

Creo que a normativización debería facerse unha vez e non andar cambiando periodicamente. Logo pasa que o que estudias no colexio, no instituto,etc, logo non vale ou está "caduco". E iso crea confusión entre a poboación. Consecuencia: a xente acaba optando por falar e escribir en castelán, para evitarse dúbidas DE PALABRAS RARAS DO GALEGO, que se escriben dunha forma que ningúen viu antes, so os teóricos. Exemplos todos coñecemos.

No que sí che dou a razón e no términos como "jueves". Servidor úsao. Sí, sei que non é o acertado. As cousas como son. Influencias castelanistas por mor de vivir na costa. O "castrapo" da lingua. O que non me parece de recibo SON MOITAS PALABRAS QUE NINGUÉN NINGUÉN USA E QUE SE TENTE IMPOÑER CASE POLA FORZA (a iso me refiro con dictatorial ou galego de laboratorio)...

Sobre o que dis sobre os pronomes "te", "che" quero pensar que é o que ti dis. Coido que falas con coñecemento de causa, polo cal me alegro que so sexan o mal uso nos medios de comunicación a raíz do problema. OS LINGÜISTAS DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DEBERÍAN CORRIXIRLLES ESES ERROS DE CASTELANIZACIÓN DO IDIOMA (Falo de TVG e RG que contan con eles). Porque moitos cativos e castelán falantes que tentan falar en galego copiarán cousas incorrectas. Incluso, confunde ó que os emprega ben.


Sobre o de "Sangenjo" ou "La Toja" pois en fin, totalmente dacordo contigo tamén (COMO VES HAI VARIAS COUSAS NAS QUE SI ESTAMOS DACORDO). Da mágoa escoitar "Plaza del Toral" "Puebla del Caramiñal" e moitos outros que estremece o corpo so escoitalos...

Outra cousa que non me gusta nada é politizar a lingua. Que se fala ou non galego non implica ou non debería implicar unha ideoloxía política. Iso si, hai políticos IMPORTANTES que o de falar en galego......vamos que teñen idioma galego "DE SEU". Deberían en aprender a falalo tendo en conta que representan a Galicia. E son de diversas ideoloxías políticas...

Remato: MOITAS GRACIAS POLO TEU COMENTARIO. Aínda que non estea dacordo contigo noutras cousas, coido que o debate é bo, e favorece a reflexión. ESPERO QUE O TEU COMENTARIO, A TÚA PARTICIPACIÓN, NON SEXA FLOR DUN UN DÍA. Confío en que non sexa así e invítote a que sigas participando con comentarios, artigos propios ou suxerencias.


Moitas gracias
Carpe Diem
Julio