** Unha canción de 1989 na lembranza
-
Esta canción foi escrita e cantada por Javier Portugués, Portu,
excompoñente de Modestia Aparte e ao que no 2020 veremos como integrante do
xurado na vin...
Hai 5 anos
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
O pé do lume da lareira. Moitos fumos os que nos criamos preto dunha como éstas. Ben na casa dos nosos pais ou na dos avós. O pé dese lume, as inclemencias do invernos eran máis levadeiras. Nada de electricidade, todo calor natural. Moi quente. E o pé dela contos, historias e festas. Se as lareiras tivesen falado terían escrito non un libro, senón un cento.
O nome de A Lareira Máxica, como xa sabedes, ten que ver con esas lareiras de antes (algunhas aínda as podemos seguir vendo en moitas aldeas do rural galego). Engadinlle o de máxica, porque neste blog vos podedes atopar moitas e variadas cousas, feitas por diversas persoas.
E neste inverno tan frío e húmido que nos tocou, esta, a vosa Lareira, segue alumenado, aínda que so sexa en formato *.gif (ver portada de inicio).
Un saúdo, e moitas gracias mariam por enviarnnos esta entrañable foto feita por Luis Casado.
Vaia, bonitos recordos. Recordo a cociña antiga da miña avoa, as visitas que cada noite lle facíamos os avós, as reunións familiares naquela bodega antiga...¡ que nostalxia! Gracias por acercarme por un intre a aquelees tempos.
Eu lembrome da cociña de lume pero non a lareira.
Que ven se estaba arrimadiño a ela nas frias noites de inverno.
Lembrome dun gato que se pegaba literalmente a ela, non sei como resistia tanto calor
Publicar un comentario