** Que rabia da cando....!!! Os Hórreos Tdt
Que rabia da cando..... ves que en moitos lugares de Galicia os hórreos van perdendo as súas funcións tradicionais e estanse a converter nun elemento puramente decorativo. Danme pena os hórreos destartalados que nos atopamos con relativa facilidade cando damos unha volta por aí, ¡qué farían eles para pasaren de símbolo de ostentación e fartura a símbolo de abandono!
Non sei como tomarán os hórreos estes cambios, non sei… É difícil supoñer o que pensa un hórreo centenario cando despois de levar anos e anos gardando espigas de millo lle asignan outras tarefas. Os hórreos son fermosos, mostras da arte que os nosos canteiros espallaron polo país. Antigamente, a súa función era tamén importante: custodiar os cereais que logo no muíño se habían de converter en fariña, en pan, protexelos da humidade e mesmo dos ratos. Ese si que era un traballo digno. Os tempos mudaron, si, pero hai cousas que non me cadran. Está moi ben reciclar, buscarlle novos usos ás cousas, ser creativos e vangardistas, pero o do “hórreo tdt” é demasiado, tan horrendo coma a cabina no soportal. Dende aquí, a miña solidariedade co vello hórreo, ¡que Deus lle de forza e paciencia para aturar a cruz que lle cargaron ás costas!
QUE RABIA DA CANDO...!!! BY:Alvariño
Gran colaborador de A Lareira Máxica
4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Hoy en dia no se respeta ni la cultura y luego hay casos de feismos como estes y otros muchos. ¡mas respeto por nuestra cultura caramba!
Non hai dereito. Paréceme algo rechazábel o de invadir con cousas modernistas as obras de arte antigas, como son os piornos, hórreos ou cabazos. É como o se meteramos o CGAC ó lado do Museo do Pobo Galego. Ah, que isto xa acontece. Pois mal feito donas e cabaleiros. Alvariño, meu rei: tés máis razón que un santo. Fóra estas aberración. Lémbrame aquela da que falaba o Julio no blog sobre a cabina de teléfono na rúa do Vilar en Santiago
Pero qué pena, no dejéis que suceda esto. OSTRAS!!!
Gracias por las palabras-regalo.
BICOS
Hay xente que non ten sensibilidade ni gusto; e unha pena.
Publicar un comentario